wondercovers

versións clasicos rock
galicia

Wondercovers, é unha coñecida banda de cover con sede en VIGO, ofrecen un espectáculo con moita enerxía, clásicos do mellor Rock de todos os tempos e unha posta en escena que non deixa indiferente a ninguén. Xirando extensamente por España, Portugal e os arredores, os Wondercovers fixéronse famosos no panorama nacional despois de máis de 800 concertos nestes 9 anos de vida. Wondercovers está especializado en eventos e festivais de todo tipo, participaron na última edición de Portámerica, entre outros festivais, e traballaron en diferentes eventos para Yamaha, Harley Davison, Autos Diz, Esmerarte, Galician Street Food, Vigo Street Stunts, CC A Laxe, ou a entrega de premios “La Guía Repsol” en San Sebastián, animando a noite para os mellores cociñeiros do país durante dous anos consecutivos (2019-2020). A banda está formada por Adolfo FH (guitarra e voz), Fabian Vicente (baixo e voz), Cristian García (batería e percusión). Músicos profesionais que están activos en varias formacións como Stoned At Pompeii, A Roda, MITIC El Espectáculo, etc. Colaboraron cunha infinidade de artistas como Broken Peach, Aphonnic, Eladio and the Loved Ones, El Gran Wyoming e Los Insolventes, Michael Legend Musical e un longo etc.