TR3S POR C4TRO (Galicia)

Tr3s por c4tro nace no ano 2017 para poñer en valor o repertorio de composicións dun gaiteiro de Soutomaior, Paco da fonte e tamén de músicas extraidas dos países suramericanos colonizados no seu dia.

Editan o primeiro disco titulado “COMPOSICIÓNS DE PACO DA FONTE E MÚSICAS DE ULTRAMAR”. Peza a peza, Paco da fonte, Carlos do Viso e máis Vento, con desenfado verbal incluso, conseguen a forza interpretativa que fai que se multiplique por tres ou por catro ou por máis o desexo de participar con eles nesta viaxe polo mundo, cantando, bailando e, se procede, colaborando instrumentalmente. Nas súas mans nin os instrumentos nin as músicas teñen bandeira, porque, xa o dixen, o seu saber fai que adquiran sabor propio e soen, con moitísimo xeito, coma de sempre, baixo a bandeira da alegría, da festa, da espontaneidade.

INTEGRANTES:
Paco da Fonte: Gaiteiro autodidacta de toque pechado, afincado na comarca do verdugo, con mais de cen obras compostas.
Vento de ventosela:Acordeonista e vocalista en diferentes formacións. É gran conocedor do folckore suramericano. No que se ve reflexado neste traballo.
Carlos o do Viso: Mais coñecido no mundo da zanfona forma parte deste grupo tocando a mandola, e aportando tamén a sua voz.
Alberto López: Percusionista de varias formacións coñecidas aporta o seu ritmo.

ACTUACIÓNS:
Patio da Tola (O Courel , Festival do Millo verde (Redondela), IV Cita coa Historia das Pontes (As Pontes) Auditorio Concello de Redondela. (Redondela), Sulfato fest (Pazos de Borbén), Santo Aparecido(Pazos de Borbén), Bar con V (Moaña)