TANDUB

FUSIÓN,GNAWA,REGGAE, DUB, ELECTRÓNICA

Tandub é a fusión da música tradicional de Gnawa, (área do norte de Marrocos-Tánxer), con outros xéneros como o reggae, o drum&bass  e a electrónica cun poderoso directo que reflexa esa amalgama de instrumentos de tempos tan afastados.

 A banda ten a súa orixe no 2014, aínda que pasaron uns anos ata que se reformulou en Galicia en 2017. Utilizando a mestura de instrumentos clásicos nas bandas de fusión (guitarra, baixo, batería), con novas tecnoloxías (electrónica), con o haujhouj (instrumento de folclore marroquí, máis coñecido como guitarra africana), conseguindo un son que non deixa indiferente a ninguén; vibrante, intenso e sólido. En Tandub hai membros de formacións como Lamatumbá, Dar Gnawa, Da Terra Meiga, Supermirafioris, Tetas Van e Jhon Axiom Band.

Dende a súa formación tocaron no norte da península en eventos como o Festival Revenidas en Vilaxoán de Arousa, o Feito a Man Festival en Santiago de Compostela ou o Festival Reggae da Coruña, así como importantes e míticas salas galegas como o Café Cultural Auriense, A Corte dos Bois, Sala Avenida (Escairón), El Pueblo Café Cultural, Fundación Artabria Ferrol, entre outros.

 TanDub está actualmente formado por: Carlos G. Rivera “Puntxa” (Percusión,Bases), Pablo Cachafeiro “Supermirafiori” (Guitarra e Coro), Tonhito “Moucho” (Baixo, Voces) Abdeljabbar El Gourd (Voces, Hajhouj), Javier Fragueiro ( Batería, Produción) e colaboración John Axiom (Bases electrónicas).

https://www.facebook.com/Tandub-OU-1400627550172447/