soulmacklein

reggae dancehall
galicia

Despois da separación de Delahoja en 2013, Soulmacklein naceu e, baixo este pseudónimo, o 20 de xuño de 2016 lanzou Summer coming, 4 cortes de reggae / dancehall coa produción de JML e Pol Leyenda (Ganjahr Family). Actualmente, Soulmacklein está a facer o seu primeiro LP en solitario, Welcome to the Island, disco dende o que xa podes ver os vídeos Playa (con Ganjahr Family), Click play e This is Spain en DjLaese & Soulmacklein Tv. Para a presentación en directo deste traballo Soulmacklein uniuse a The Positive Band (banda de Backing con batería, baixo e guitarra).