moonsign

dúo electrónico & acústico
galicia

É un dúo de cancións propias e versións, formado por Alba Suárez e Juan Pablo Charlo.

Transmiten no seu enérxico espectáculo unha extraordinaria conexión entre ambos, o seu obxectivo é facer vibrar ao público. Teñen unha gran experiencia no escenario dando a súa propia cor a cada unha das cancións que exhiben.

 

Formato acústico

Neste formato, ademais das súas composicións, exploran un repertorio animado de versións pop actuais en inglés, engadindo algúns clásicos de Soul, Funk e Jazz, sempre con ese signo persoal que os caracteriza.

 

Formato electrónico

Este formato explora todo o poder instrumental de Moonsign. Exposto con teclados, guitarras, voz, baixo e secuencias producidas no seu estudo. Un auténtico directo electrónico con instrumentos tocados en tempo real.