ECHO TOWN (REINO UNIDO)

Esta banda afincada no sudoeste do Reino Unido está formada por dous espiritus libres, os irmáns Richard e Robert Harrison. Son famosos polas suas vibrantes e enerxeticas actuacións, pola liberdade que desprenden as suas cancións e pola utilización de multiples instrumentos como a guitarra lap-slide o djembe o didgeridoo e a harmonica.

Orixinariamente unha banda de heavy metal, o duo nado en Leeds evolucionou hacia un máis armonioso e espiritual enfoque da música ata se converter na alegre banda que coñecemos hoxe en día. Na actualidade Echo Town ten dous discos publicados; “Come On Over” do 2011 e “ Be Strong Troop On” no 2015. No 2016 se lanzaron a unha xira que os levou por Belxica, Francia, Alemaña e Holanda e a festiváis como Glastombury, Surfana ou o Secret Garden Party.