arxe

Folk
galicia

Arxe utiliza a música de raíz combinada coa música de autor para crear o seu propio selo. Bebe da raíz da música tradicional coma unha árbore se nutre do seu redor para medrar e crear novas formas. Fai unha viaxe inspiradora polas músicas e ritmos galegos; xotas, rumbas, muiñeiras… mesturádoos con influencias doutros folclores e rítmos.

É Arxe, madeira, o elemento principal dos nosos instrumentos o que nos dá nome, un vocablo rescatado das extintas xergas gremiais o que nos une á terra e á tradición establecendo a través da música una conexión entre o espectador e a riqueza do noso folclore.

 

A partir desta combinación, confórmase o repertorio de Arxe que mestura o pasado co presente, o canto tradicional e o saber dos grandes gaiteiros de referencia (Moxenas, Francisco Landín…), coa contemporaneidade das pezas de autor como Ernesto Campos, Pepe Vaamonde ou Pablo Fernández Rial.