ANTÓN KE

CANATAUTOR UKELELE MESTIZAXE
galicia

Músico e cantautor acompañado de ukelele e looper, con anos de experiencia facendo composicións propias en lingua galega, con temáticas a prol da nosa cultura, a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos. Autodefine as súas composicións como “ukelele de batea con ritmos furancheiros, bebe dos licores do blues, reagge, ska, rumba e tradicional acompañado do sabor de letras reivindicativas e retranqueiras.”

Forma parte dos contacontos musicados “Polo correo do vento” (2016-2020), é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis cativo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das crianzas. Tivo o pracer de actuar nas pasadas edicións do Salón do Libro de Pontevedra, Festiletras, Festival de Cans, entre outros.

Por outra banda, colaborou coas súas composicións nas obras de teatro de “Moitomorro Teatro” (2016-2017). E tiven o pracer de ser “a banda” do late night gastro-cultural “Hai caldo” emitido na Televisón de Galicia no ano 2020.

Tamén realizou concertos en festivais culturais (Milloverde, Rockin Vila, Ventorock, Miúdo fest, ArteLixo, etc.), así como en diferentes locais de música en directo na provincia de Pontevedra (Aturuxo, Jamarte, Lusco e Fusco, A discotasca, Sala Rebullón, etc.)

Neste 2020 crea novo traballo discográfico “Aínda queda moito”.