ANDOA Folk (Galicia)

Andoa é unha banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa, galega… 

Os compoñentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita galega), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etc.
Teñen compartido esceario con Xabier Díaz, Talabarte, Güintervan, Backwest (Irlanda) ou Harmonica Creams (Xapón) entre outros como banda, e a nivel persoal teñen participado en festivais coma o “Festival Intercéltico de Lorient”, ou no “Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira”.